Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase así como a participación en debates e comentarios de textos e ideas. 50
Obradoiros Valorarase a asistencia ás sesións de comentario de textos así como a participación nos debates suscitados. 20
Traballos tutelados A lectura de obras literarias e a reflexión sobre estas será obxecto de atención prioritaria. O alumno deberá realizar ao longo do curso breves comentarios escritos sobre as obras de lectura obrigatoria que compoñen o programa. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única.

A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%.

A avaliación única para os discentes que así o elixan ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%).

Na avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame na data oficial proposta pola facultade e entregar o traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000