Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega ata 1900
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os contidos desenvolvidos ó longo do cuadrimestre avaliaranse mediante cuestións propostas por escrito ó final de cada dous temas 20
Traballos de aula As lecturas e comentarios realizados na aula, así como todas as lecturas que se vaian propondo, serán obxecto de avaliación. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento As competencias adquiridas na materia serán avaliadas no seu conxunto cunha proba escrita que inclúa o comentario de textos. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os discentes
teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación
continua ou
de avaliación única.

A porcentaxe de
presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%.

A
avaliación única para os discentes que así
o elixan
ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación
continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%).

Na
avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame na data oficial proposta pola facultade e entregar o traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000