Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates
Nunha proba oral, discutiranse aspectos que xurdan da lectura do texto proposto. Formarase un grupo de debate que responderá ás cuestións do profesor.Terase en conta a calidade da expresión oral.
15
Traballos tutelados
O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 30% da nota.
Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 20% da nota.
O alumnado terá que redactar un traballo de divulgación sobre un tema especializado, a partir dun conxunto de temas propostos. Avaliarase a calidade lingüística xeral, o uso da terminoloxía e o formato.
50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención os aspectos lingüísticos do temario. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Lectura obrigatoria para o debate

Xurxo Mariño. Po de estrelas. Consello da Cultura Galega.

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente 

a) Avaliación continua: condicións

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións:

-Asistencia ó 80% por cento das aulas. Farase unha aplicación flexible destes criterios.

-Entrega dos traballos.

-Participación no debate.

Importante

Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (85%)

2. Participación no debate sobre a lectura obrigatoria. (15%).

Tanto o exame da avaliación única coma o da continua será na semana do 5 ó 9 de maio de 2014, no período de traballo autónomo do alumnado.

2ª edición das actas (xullo)

A avaliación farase a través dun exame (85%) e dunha proba oral na que se discutan temas que xurdan da lectura obrigatoria. Terase moi en conta a calidade da expresión oral (15%).

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, realizarase un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000