Guia docente 2009_10
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía. Técnicas básicas de laboratorio
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outras AVALIACIÓN CONTINUA: os contidos que se desenvolvan durante as sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio serán avaliados mediante probas de tipo test e probas de resposta curta, así como mediante a resolución de problemas, o estudo de casos, a elaboración dunha memoria e a observación sistemática polo conxunto de profesores.

A contribución de cada módulo á cualificación final é:
Módulo I: 16%
Módulo II: 16%
Módulo III: 12%
Módulo IV: 12%
Módulo V: 20%

En caso de non acadar en cada un dos módulos unha puntuación mínima correspondente ao 50% do valor asignado a cada un deles, a materia considerarase suspensa.
76%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que suspenda a materia recibirá como cualificación numérica a puntuación máis baixa que obtivera entre o conxunto de probas de avaliación realizadas.

A asistencia a todas as actividades presenciais é OBRIGATORIA para APROBAR A MATERIA (agás ausencia debidamente xustificada).

Nas convocatorias de xullo e febreiro realizarase unha proba teórico-práctica que cubrirá o conxunto de coñecementos e habilidades propias da materia, co fin de garantir a adquisición das competencias da materia.

Composición do Tribunal Extraordinario de 5ª, 6ª e 7ª convocatoria:

Tribunal titular:

Presidente: Emilio Gil Martín

Vogal: Carmen Sieiro

Secretario: Jesús Míguez

Tribunal suplente:

Presidente: Almudena Fernández Briera

Vogal: Elisa Longo

Secretario: José Luis Soengas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000