|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Prácticas de laboratorio |
A asistencia á totalidade das prácticas (salvo falta debidamente xustificada) e a realización do exame práctico son preceptivos para superar a materia en calquera das convocatorias |
0 |
|
|
|
|
Traballos tutelados |
Avaliarase a contribución individual de cada alumno ao conxunto do traballo. Terase en conta a estrutura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científica. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán. |
15 |
A2 A3 A4
|
B2 B7 B10 B11 B12
|
C11 C12 C13 C19 C22 C25 C28 C33
|
D1 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D13 D14
|
Presentacións/exposicións |
Ao final do cuadrimestre farase a exposición pública dos traballos realizados ao longo do período lectivo. Valorarase a claridade na exposición dos conceptos, o uso dos recursos informáticos e a capacidade de expresión oral do alumno e, en xeral, a súa capacidade para captar a atención do auditorio. |
5 |
A4
|
B11
|
C28
|
D1 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D13 D14
|
Probas de resposta curta |
A parte teórica da materia será avaliada mediante tres probas parciais, que consistirán nun combinado de preguntas de resposta curta e preguntas tipo test. Para superar a materia, a nota mínima obtida nos dous primeiros exames parciais deberá ser igual o superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non alcancen esa cualificación poderán presentarse á proba final, que coincidirá co terceiro parcial da materia. |
55 |
A1
|
B2 B3 B5 B10
|
C2 C9 C10 C15 C22 C24 C32
|
D1
|
Probas de autoavaliación |
Na páxina da materia da plataforma TEMA, o alumno disporá de cuestionarios de autoavaliación para axudarlle no estudo da materia. O período de realización de cada grupo de cuestionarios estará fixado pola profesora a fin de programar o estudo de xeito secuencial.
A resolución dos mencionados cuestionarios de autoavaliación, xunto coa asistencia e os resultados obtidos nas probas que se desenvolverán nas titorías grupais, suporán un 10% da cualificación final. |
10 |
A1
|
B2 B3 B5 B10
|
|
D1 D3 D10 D11 D13
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Á finalización das prácticas de laboratorio deberase superar un exame práctico (nota mínima 5 puntos sobre 10) no que o alumno deberá demostrar a destreza no manexo das técnicas, a interpretación das súas observacións e o uso das claves de identificación. O resultado obtido suporá o 15% da cualificación final. A superación deste exame é preceptivo para sumar os outros componentes da cualificación global da materia |
15 |
A2
|
B3 B4
|
C1 C10 C31 C32
|
D11 D13
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
Os horarios de teoría e prácticas da materia figuran na páxina web da facultade (http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Documentos%20PDF/Horarios%20curso%202015-16/HORARIO%202º%20grado%20-%201er%20sem%20(curso%2015-16).pdf). As datas de exame establecidas no calendario oficial para esta materia son o 11 de decembro de 2015 en primeira convocatoria e o 30 de xuño de 2016 en segunda; tamén está prevista una convocatoria de Fin de Carreira o día 2 de outubro de 2015.
No caso de que o alumno non asistise á totalidade das prácticas, non tería opción a presentarse aos exames da materia en ningunha das convocatorias e, por conseguinte, figurará en actas como NON PRESENTADO. Á finalización das prácticas o alumno deberá superar un exame práctico, cunha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. No caso de non supéralo, figurará en actas como SUSPENSO, coa cualificación obtida no exame práctico.
Para superar a parte teórica da materia, o alumno deberá obter unha media igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 nos tres exames parciais, ou ben nunha soa proba teórica final. Os dous primeiros exames parciais consideraranse superados cunha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Cando a cualificación das probas teóricas sexa inferior a 4,5 puntos sobre 10, o alumno figurará en actas como SUSPENSO, coa puntuación obtida na proba teórica (exame final, media dos exames parciais, ou a nota obtida no caso de presentarse só a un deles).
Para superar a materia é imprescindible conseguir unha cualificación global mínima de 5 puntos sobre 10 sumando os distintos apartados avaliados aplicando as porcentaxes correspondentes (exame teórico 55%, exame práctico 15%, realización e presentación do traballo tutelado 15% + 5% e o seguimento das clases teóricas a través das probas de autoavaliación e seminarios 10%).
En segunda convocatoria, farase un exame teórico (55% da cualificación final), na que deberá obter unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10. Tamén se terá a opción de repetir o exame práctico no caso de que non se superara. A cualificación final calcúlase sumando os apartados avaliados durante o curso.
A cualificación do exame práctico e do traballo tutelado contemplaranse durante tres cursos académicos consecutivos.
Para optar á cualificación de Sobresaliente ou Matrícula de Honra, será condición indispensable a realización e exposición do traballo tutelado.
Informarase das cualificacións a través da plataforma TEMA e exporanse nos taboleiros existentes para tal fin. |