Para superar a materia, o alumno-a deberá de: 1. Asistir aos Seminarios de Aprendizaxe Colaborativo e ás Prácticas de Laboratorio. Non se admitirán faltas de asistencia por razóns de índole extracurricular. Unicamente nas clases prácticas permítese unha única falta de asistencia, por causa de forza maior, sempre que se xustifique documentalmente. En caso contrario, estas actividades recuperaranse en cursos seguintes. 2. Superar cun mínimo de 5 puntos sobre 10 a proba escrita sobre o tema de Traballo Tutelado. En caso contrario, o alumno-a deberá de entregar o tema manuscrito, nas convocatorias de xaneiro, Xullo ou nas convocatorias OFICIAIS de cursos seguintes. 3. Alcanzar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no primeiro e segundo parcial de teoría, a proba escrita de Prácticas de Laboratorio e a de Resolución de Exercicios.
A cualificación final do alumno-a será a obtida do sumatorio das notas porcentuadas de cada actividade e proba escrita, sempre que se cumpran os requisitos 1 a 3. En caso contrario, a nota final corresponderá á nota media das actividades suspensas.
Figurarán en Actas como Non Presentado os alumnos-as que non realicen ningunha das actividades nin probas escritas.
En caso de non aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro, o alumno-a conserva as notas das probas escritas e as actividades superadas durante o curso, tendo que recuperar unicamente as suspensas ou non presentadas, na convocatoria de Xullo ou nas convocatorias OFICIAIS de cursos seguintes. |