O horario da materia pode
consultarse en:http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios As datas de exames poden consultarse
en:http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames A materia divídese en catro bloques avaliables: teoría, prácticas de
laboratorio, seminarios e traballos tutelados. A avaliación é continua ao longo
do curso. Para poder ser avaliado de forma continua, o alumnado deberá realizar
todas as actividades planificadas para cada un dos bloques. TEORÍA 1. A avaliación da teoría (55%)
será continuada ao longo do curso e consistirá en 5 probas, 2 escritas sobre
contidos teóricos (40%) e 3
cuestionarios on-line que valerán un 15%. Para poder superar esta parte debe
obterse como mínimo un 5 sobre 10 en cada unha das 5 probas. PRÁCTICAS 2. A parte práctica equivale ao
15% da nota final. As prácticas de laboratorio son obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico, que se
realizará no laboratorio en horario de tarde (ver data en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames). Para poder
superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10. SEMINARIOS 3. A participación en seminarios
implica un 5% da nota que se corresponde á asistencia e participación activa
nos seminarios. TRABALLOS TUTELADOS 4. A presentación de dous traballos relacionados coa zooloxía
valorarase cun 25% da nota. Para poder superar esta parte debe obterse como
mínimo un 4.5 sobre 10 en cada un deles. Para poder superar a materia é necesario superar a teoría, prácticas e traballos
tutelados por separado cunha nota igual ou superior á mínima esixida en cada
parte. No caso de non ser así, non se fará suma e a nota que figurará na acta será a máis alta dos apartados suspensos. A asistencia ás prácticas e
seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou
prácticas nas dúas convocatorias. Presentarse a dúas das
actividades avaliables
independentemente de que o alumno realice ou non o resto figurará como suspenso
no Acta. Só os alumnos que nunca asistisen ás clases teóricas, seminarios,
prácticas ou non realicen ningunha das actividades avaliables figurarán no acta
como non presentados. As situacións particulares que
impidan participar nas actividades de forma regular, por exemplo ter un
contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas ao coordinador da
materia nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de buscar unha
solución. Non se pode cambiar de grupo de
prácticas e/ou grupos de seminario salvo causas excepcionais e, previa solicitude ao coordinador da materia
que decidirá se o cambio é factible ou non unha vez realizada a consulta coa
coordinadora de 2º de grao. A non asistencia a calquera das
actividades obrigatorias só será xustificada en casos excepcionais (p.e.
motivos de saúde, problemas familiares, esixencias dun contrato de traballo...)
e non se xustificará ningunha ausencia debido a actividades extra curriculares
(p.e. competicións deportivas non oficiais, obter o carné de conducir, irse de
viaxe...). Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As
datas indicadas no horario da materia son inamovibles. Só conservaranse as partes aprobadas por bloques, para o resto das
convocatorias do mesmo curso. Matricularse de novo da materia implicará repetir
todas as actividades. IMPORTANTE Confusións repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da
nomenclatura científica nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da
proba. Se en calquera das actividades detéctase copia, o alumno suspenderá
automaticamente esa parte da materia. Aínda que co sistema de avaliación continua resulta máis fácil aprobar unha
materia, é máis difícil conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao
alumnado, no caso de que se superou a
materia sumaráselle un 10% da nota na convocatoria de xaneiro. |