Para un mellor desenvolvemento da materia recoméndase:
LER atentamente a guía docente (metodoloxía e avaliación), así como a información presentada na plataforma tema.
É aconsellable IMPRIMIR o material didáctico publicado na plataforma tema, que facilitará a comprensión das explicacións permitindo rendibilizar mellor o tempo das clases maxistrais, titorías e prácticas (en ningún caso, se ditarán directa ou indirectamente apuntamentos en clase).
É OBRIGATORIO o uso de bata no laboratorio e o CUMPRIMENTO das normas de seguridade (encóntranse dispoñibles na plataforma).
RECOMÉNDASE:
-realizar, para unha mellor comprensión da materia, os exercicios sobre os conceptos teóricos e as prácticas dispoñibles na plataforma tema.
-asistir ás clases teóricas, prácticas, seminarios e titorías.
-consultar a bibliografía recomendada.
-facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
|