O sistema de avaliación que da materia permite ao alumno elixir unha das dúas seguintes modalidades: A: EXAME FINAL Para os alumnos que opten por esta opción a ponderación da proba exame é o 100% da nota final. A proba constará de dúas partes: Teórica: Exame (escrito ou oral) onde se responderán preguntas sobre os contidos da materia nun tempo máximo dunha hora. Esta parte constituirá un 50% da nota. Práctica: Realización dun exercicio práctico no laboratorio ou dun suposto práctico durante un máximo de catro horas. Esta parte constituirá un 50% da nota. En calquera caso, se se obtivese menos de 3 puntos sobre 10 nunha das 2 partes suspenderase a materia. Neste suposto, se a suma das 2 partes non chegase a 5 a nota global será esa suma, e noutro caso a nota que figurará en actas será de 4,9. B: AVALiACIÓN CONTINUADA O sistema de avaliación continuada recolle o esforzo do alumno ao longo do curso. As prácticas están divididas en 16 sesións de 4 h agrupadas en catro módulos. A nota obtida por este sistema de avaliación repartirase en dous grandes apartados:
A suma das avaliacións realizadas en cada módulo constituirá un 50% da nota final. É necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada módulo para poder aprobar a materia. Nesa nota terase en conta a puntualidade, saber estar e a actitude, o grao de interese e a participación do alumno na realización das actividades presenciais asignadas, así como a participación do alumno na realización dos traballos non
presenciais. En todos os módulos se pedirá un traballo evaluable
relacionado coas prácticas (os tipos de traballos están indicados no apartado Planificación docente). Eses traballos só avaliaranse cando sexan entregados nos prazos fixados polos profesores de cada un dos módulos. Un exame final no que se avaliarán de forma proporcional os coñecementos obtidos en cada módulo e que constituirá o 50% da nota final. É necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 neste exame para poder aprobar a materia.
En caso de ter 4 ou máis puntos no exame final pero menos de 3 puntos na avaliación dalgún dos módulos, en segunda convocatoria só requirirase examinarse deses módulos cunha proba deseñada polos responsables dos módulos. En caso de suspender a materia en primeira convocatoria, se a suma das distintas partes non chegase a 5 a nota global será esa suma, e noutro caso a nota que figurará en actas será de 4,9. Se se suspendese o examen en segunda convocatoria, terase que repetir totalmente a materia nun curso posterior. Os alumnos que fixesen as prácticas de laboratorio pero que non se presenten ao exame final figurarán na acta como Non Presentados. A asistencia a prácticas é obrigatoria polo que, en relación con iso, non se poderá optar pola avaliación continua nos seguintes casos: (1) ausencia inxustificada a unha ou máis sesións; e (2) ausencia xustificada a dous ou máis sesións. Nesas circunstancias a única opción é a do exame final co seu correspondente exame práctico de laboratorio ou examen escrito cun suposto práctico. O exame escrito realizarase en primeira convocatoria e en segunda convocatoria nas datas aprobadas en
Xunta de Facultade (ver o enlace http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/exames). Independentemente do sistema seguido o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar a materia. A calificación dos alumnos que non se presentaran ao examen será de "non
presentado". No caso de non se presentar ao examen en calquera das
convocatorias da asignatura no presente curso haberá que repetir a
asignatura completa. |