Módulo Inmunoloxía 45%: ata 4,3 puntos o exame e ata 0,2 puntos os seminarios Módulo Parasitoloxía 45%: ata 3 puntos o exame, ata 0,6 puntos os seminarios, e ata 0,9 puntos as prácticas (só módulo Parasitología e repartido: Actitude e aptitude durante as sesións: ata 0,45 puntos Exame de prácticas (resolución de problemas): ata 0,45 puntos Traballo voluntario 10%: ata 1 punto. A nota final dá materia, polo tanto, estará composta dá suma de ambos módulos e do traballo voluntario (Nota máxima de 10 puntos: hata 4,5 puntos de cada módulo, máis ata 1 punto do traballo. O aprobado de cada módulo obtense con 2,25 ou superior. En calquera caso, para poder facer a media entre os dous módulos e sumar a nota do traballo deberán alcanzarse polo menos 2,25 dos 4,5 puntos asignados a cada módulo. (Exemplo; 2,25 Parasitoloxia + 3 Inmunoloxía + 0,8 Trab: 6,05) Os alumnos que suspendan só un módulo da materia (Inmunología ou Parasitología) non terán que presentarse ao módulo aprobado en seguintes oportunidades/convocatorias. Os alumnos que superen as prácticas tampouco terán que repetilas en próximas oportunidades/convocatorias. Pola contra, os que non as superasen, deberán repetir o exame de prácticas (resolución de problemas), xunto co exame de teoría. A nota de traballo e seminarios só será conservada para o correspondente curso (convocatorias xuño-xullo) O calendario de exames finais pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/docs/ docencia/examenes/exames_grado_2017-18.pdf |