Para superar a materia será imprescindible obter en cada unha das 3 probas, polo menos un 40 % do total da puntuación global da devandita proba. En caso de superar ese límite en todas elas a cualificación global será a suma prorrateada, segundo as porcentaxes descritas, das 3 probas. No caso de non superar dito límite en todas ou algunha das probas ou de que a calificación global non acade ó 5: 1.- Na acta figuraralle SUSPENSO coa cualificación máis baixa que obtivese nas probas que non superaron o límite ou coa nota global correspondente. 2.- O estudante terá que superar as partes que non alcanzaron o mínimo na convocatoria extraordinaria. O resto das partes gárdanselle ata a convocatoria seguinte, a condición de que superasen o 5. As datas de presentación da memoria e do proxecto podense consultar: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/examenes/exames_grado_2017-18.pdf |