Para superar a materia será imprescindible obter en cada unha das 3 probas, polo menos un 4 sobre 10 sobre a nota global da devandita proba. En caso de superar ese límite en todas elas a cualificación global será a suma prorrateada, segundo as porcentaxes descritas, das 3 probas. Cada exame realizado terá un factor de ponderación sobre o traballo que se avalia. A materia se considerará non superada cando no se alcance dito límite en todas ou algunha/s das probas, ou a calificación global non acade ó 5: 1.- Na acta figuraralle SUSPENSO coa cualificación máis baixa que obtivese nas probas que non superaron o límite ou coa nota global correspondente. 2.- O estudante terá que superar as partes que non alcanzaron o mínimo na convocatoria extraordinaria. O resto das partes gárdanselle ata a convocatoria seguinte, a condición de que superasen o 5. |