Tribunal de avaliación do Traballo Fin de Grao: estará constituido por tres profesores da titulación e será nomeado a proposta de Comisión de Traballo Fin de Grao. Constituiranse tantos tribunales, cos correspondentes membros suplentes, como fose necesario para garantir o bon discurrir do proceso avaliador. Memoria de Traballo Fin de Grao: Coa antelación suficiente, a Comisión de Traballo Fin de Grao establecera os plazos de entrega da memoria do traballo fin de grao. A non entrega da mesma nos plazos establecidos conlevará a non presentación na avaliación da materia. Os alumnos/as disporán dunha normativa para a elaboración e presentación da memoria de TFG. A normativa do curso 2015-16, que sirve de referencia para o curso 2016-17, pode consultarse na seguinte ligazón web: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normas_elaboracion_memoria_TFG_15-16.pdf Presentación e defensa do Traballo Fin de Grao: O tribunal avaliador da proba establecerá coa suficiente antelación os criterios de avaliación, orden de exposición, lugar e hora de celebración, os cales se farán públicos no seu debido momento. Cualificacións: O finalizar o proceso avaliador, o tribunal publicará de forma conxunta as calificacións que recibiron os alumnos matriculados na materia. Si un alumno obtivese unha calificación de suspenso, o tribunal avaliador entregaralle a él e o seu tutor un informe recollendo as recomendacións para mellorar o traballo cara a súa posterior evaluación noutra oportunidade. En particular se fará fincapé si a nota negativa obtida polo alumno pode ser recuperada nunha segunda oportunidade do mesmo curso ou si, polo contrario, o alumno debe realizar a totalidade do traballo noutro curso académico. As actas do TFG serán individuais por cada alumno/a e irán firmadas polos membros do tribunal que o avaliou. Segunda convocatoria (xullo): O alumno poderá recuperar nunha segunda oportunidade no mesmo curso aqueles aspectos que non superou na primeira, sempre e cando o informe que obtivo do tribunal nesa primeira oportunidade así o especifique. A Comisión de Traballo Fin de Grado establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexirán o proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluindo os prazos de entrega da memoria e do informe do titor, e a data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo diante do tribunal. -Horario da materia: non hai un horario establecido; cada alumno establecerá o seu horario dacordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuatrimestre. -Datas previstas para as probas de avaliación dos TFGs para o curso 2016-17:
as datas foron aprobadas en Xunta de Facultade e son as seguintes: -Convocatoria extraordinaria de fin de grao: 27-28/10/2016 -Convocatoria de febreiro/xuño: 16-17/02/2017 e 15,16,19,20/06/2017 -Convocatoria de xullo: 20-21/07/2017 As datas de avaliación poden ser consultadas na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/examenes/exames_grado_2016-17.pdf |