Guia docente 2017_18
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións O tribunal avaliador do Traballo Fin de Grao avaliará e cualificará cada traballo presentado e defendido.
A cualificación será única e terá en conta os seguintes aspectos:
-Memoria do traballo realizado polo alumno e entregada en tempo e forma.
Usarase unha rúbrica de avaliación aprobada a tal efecto pola comisión de traballo fin de grao.
-Presentación oral e defensa diante do tribunal avaliador do traballo realizado polo alumno.
Usarase unha rúbrica de avaliación aprobada a tal efecto pola comisión de traballo fin de grao, a cal incidirá na avaliación da adquisición de competencias xerais e transversais da titulación.
O modelo de rúbrica usado polo tribunal no curso 2016-17 tanto para a avaliación da memoria como para a presentación/defensa do TFG, pode consultarse na páxina web da facultade, e pode ser tomado como referencia para o curso 2018-18.
http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/rubrica_evaluacion_TFG_2016-17.pdf
-Informe do titor e, de selo caso, do cotitor. O informe inclúe diversos ítems dirixidos a avaliación da adquisición de competencias por parte do alumno, e será aprobado pola comisión de traballo fin de grao.
Na seguinte ligazón pódese consultar o modelo de informe do titor usado no curso 2016-17, o cal pode ser tomado como referencia para o curso 2017-18.
http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/informe_tutor_TFG_2016-17.pdf
100 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C25
C26
C27
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tribunal
da avaliación do Traballo Fin de Grao:

Estará constituído por tres profesores da
titulación e será nomeado a proposta da Comisión de Traballo Fin de Grao.
Constituiranse tantos tribunais como fose necesario, cos correspondentes
membros suplentes, para garantir o bo discorrer do proceso avaliador.

Memoria de Traballo Fin de Grao:

Coa antelación suficiente, a Comisión de
Traballo Fin de Grao establecerá os prazos de entrega da solicitude para a
presentación e defensa, así como da memoria do traballo fin de grao. A non
entrega da mesma nos prazos establecidos levará a non presentación a avaliación
da materia. Os alumnos/as disporán dunha normativa para a elaboración e
presentación da memoria de TFG. A normativa do curso 2016-17, que sirve de
referencia para o curso 2017-18, pode consultarse na seguinte ligazón web: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normas_elaboracion_memoria_TFG_16-17.pdf

Presentación
e defensa do Traballo Fin de Grao
:

O tribunal avaliador da proba publicará coa
suficiente antelación os criterios de avaliación, orden de exposición, lugar e
hora de celebración, quedando a disposición de todos os interesados.

Cualificacións:

Ao finalizar o proceso avaliador, o tribunal
publicará de forma conxunta as cualificacións que recibiron os alumnos
matriculados na materia. Si un alumno obtivese unha cualificación de suspenso,
o tribunal avaliador entregaralle a el e o seu titor un informe recollendo as
recomendacións para mellorar o traballo cara a súa posterior avaliación noutra
oportunidade. En particular se fará fincapé si a nota negativa obtida polo
alumno pode ser recuperada nunha segunda oportunidade do mesmo curso ou si,
polo contrario, o alumno debe realizar a totalidade do traballo noutro curso
académico. As actas do TFG serán individuais por cada alumno/a e irán firmadas
polos membros do tribunal que o avaliou.

Segunda convocatoria (xullo):

O/a alumno/a poderá recuperar nunha segunda
oportunidade no mesmo curso aqueles aspectos que non superou na primeira,
sempre e cando o informe que obtivo do tribunal nesa primeira oportunidade así
o especifique.

A Comisión de Traballo Fin de Grado
establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexerán o
proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluíndo os prazos de
entrega da solicitude de defensa, da memoria e do informe do titor, incluíndo a
data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo
diante do tribunal.

Horario da materia:

Debido as súas características, o traballo
fin de grao non ten un horario establecido; cada alumno establecerá o seu
horario de acordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuadrimestre.

Datas previstas para as probas de avaliación
dos TFGs para o curso 2017-18:

As datas foron aprobadas en Xunta de
Facultade. Ver ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/examenes/exames_grado_2017-18.pdf

Normativas aplicables:

O Regulamento do Traballo Fin de Grao da Universidade
de Vigo, aprobado no Consello de Goberno está dispoñible en: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumnado/TFGNovo_Def_Uvigo.pdf

A Normativa da Facultade de Bioloxía para
a realización do Traballo Fin de Grao, aprobada en Xunta de Facultade está dispoñible
en:

 http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normativa_TFG_facultad_biologia.pdf

A Instrución relativa ao procedemento a seguir
para a reclamación e revisión de cualificacións da materia Traballo Fin de
Grao está dispoñible en:

 http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/instrucion_reclamacions_TFG_2016-17.pdf

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000