Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Traballos de aula É una instancia para socializar, depurar, sintetizar os coñecementos adquirido na preparación da sesión.
Concíbese como un proceso de aprendizaxe continuado.
Engloban actividades heteroxéneas, deseñadas dacordo a obxectivos e contidos diversos. Comprenden entre outras: análese e /ou de comentarios de series estadísticas, gráficos ou textos, resolución de exercicios, discusión de documentos históricos, ou ben a realización dun esquema, síntesis, ou mapa conceptual do material previamente distribuido.
Todas estas tarefas realizaránse individualmente ou por equipos de traballo.
Titoría en grupo Dirixidas a resolución de dúbidas e a consolidación dos coñecementos e habilidades adquiridas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000