Prácticas autónomas a través de TIC |
Avaliaráse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada sesión maxistral.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ó que pertence cada alumno teña entregado alomenos 6 propostas de solución das Prácticas de Laboratorio. |
30 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumno deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos ata ese momento
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e arelativa ó IS cun máximo de 3 puntos |
70 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Rematada a docencia presencial, aqueles alumnos que non teñan superada a materia por avaliación contínua deberán realizar unha proba escrita que consistirá na resolución de casos prácticos de liquidación do IRPF e do Imposto de Sociedades. O alumno deberá resolver de xeito individualizado os casos propostos xustificando as decisións adoptadas.
Esta proba escrita final avaliaráse cunha puntuación máxima de 10 puntos. |
0 |
Para supera-la asignatura por avaliación contínua será necesario obter alomenos 5 puntos na suma das dúas metodoloxías de avaliación propostas (probas test e probas prácticas presenciais escritas). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas suporá que o alumno deixa de ser avaliado en avaliación continua. Tamén deixará de ser avaliado se non acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos apartados puntuables. A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por avaliación continua terán a opción de presentarse a un examen final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua. |