Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Ter adquirido coñecementos avanzados e ter demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
  B2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en entornas novas e definidas de xeito impreciso, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores coma profesionais altamente especializados.
  B3 Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas a través do desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que desenvolve a súa actividade.
  B4 Ser quen de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Saber afondar na realidade social, económica, administrativa e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
  C2 Saber elaborar e xestionar candidaturas a programas comunitarios
  C3 Saber analizar as características, os logros e os déficits da cooperación territorial promovida pola UE
  C4 Ser capaces de establecer estratexias acumulativas que permitan aproveitar os programas comunitarios como impulso para o desenvolvemento sostible do territorio, no marco dos respectivos Programas Operativos.
  C5 Ter capacidade para coñecer o sistema institucional da UE e os seus procesos políticos.
  C6 Ser capaces de analizar e interpretar as políticas comunitarias sectoriais.
Sinale D Código Competencias
  D1 Saber valorar a importancia de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos.
  D2 Ter capacidade para traballar polos valores democráticos e polos valores da paz
  D3 Ser capaces de apostar pola cooperación e polo diálogo intercultural entre os pobos.
  D4 Saber valorar a importancia da solidariedade e da cohesión social e territorial como fonte de progreso e desenvolvemento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000