Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Implantación e Temas Avanzados de Responsabilidade Social Empresarial Interna
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Resolución de casos que aborden prácticas de xestión responsable nas organizacións 25
Traballos tutelados Realización dun plan de actuación em materia de responsabilidade social interna 50
Outras Proba de asimilación de contidos 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xaneiro.Para superar a avaliación continua é obrigatorio a asistencia ao 80% das clases presenciais e superar os traballos do curso.

Para os estudantes que non superen a avaliación continua ou non acaden a presencialidade mínima esixida, o exame (nas convocatorias oficiais xaneiro/xuño-xullo) será de modo tal que permita valorar a adquisición de todas as capacidades esixidas ao estudante.

Observación: Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de
suspenso nas dúas convocatorias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000