Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Sistemas Normalizados de Xestión de Calidade, das Relacións Laborais e Mediambientais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Informes/memorias de prácticas O estudante presenta unha memoria de cada práctica. Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupo, segundo o caso.
70
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para superar a materia por avaliación continua, é preciso cumprir coas seguintes condicións:

1) Esíxese un mínimo dun 80% de asistencia ás clases da materia.

2) O aluno/a deberá facer (individualmente ou en grupo, segundo o caso) os traballos prácticos que se lle encomenden ao longo da materia. Estes traballos terán que ser aprobados (nota de cada un deles >=5), e, neste caso, terán un valor conxunto do 70% da cualificación total do aluno/a. 

3) Haberá unha proba de seguemento ao final da materia. Terá que ser aprobada (nota >=5) e, neste caso, terá un valor do 30% da cualificación total do aluno/a.  


Segunda convocatoria

O aluno/a que non supere a materia por evaluación continua, ao non cumprir con algunha(s) das condicións para elo, terá que presentarse a un exame final, teórico-práctico, co valor do 100% da cualificación. A parte teórica do exame estará vencellada aos coñecementos teóricos impartidos nas clases presenciais, e a parte práctica estará vencellada aos traballos prácticos desenvolvidos ao longo da materia. 

Observación
Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000