Educational guide 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia "Teledetección": fundamentos, bases teóricas, aplicacións, etc.
Se reserva para as sesións de grupo grande (A)
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios co equipamento adecuado.
Son dúas sesións presenciais de 2 horas cada unha: unha centrada en calibración de sensores (usando LEGO Mindstorm), e outra en termografía por infravermellos (aprendendo a manexar cámaras termográficas). A primeira realízase en grupos medianos (B) e a segunda en grupos pequenos (C).
Prácticas en aulas de informática Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios con computadores.
Son cinco sesións de dúas horas cada unha:
1. A Terra desde o aire/espazo, para aprender sobre puntos de vista.
2. Fundamentos de RADAR, mediante un xogo de computador deseñado especificamente, "RADAR Technology".
3. RADAR Activo por microondas, baseada en Matlab, cunha duración de catro horas.
4. Procesado e Interpretación de imaxes satelitales, cun programa de procesado de imaxes LandSat.
Traballos tutelados O estudante, en grupo, prepara un documento sobre unha aplicación da teledetección na vida diaria.
Para iso partirase dunha procura de noticias sobre un tema que se propoña a cada grupo, de actualidade, na que a teledetección apareza como unha ferramenta básica (por exemplo, a procura de cadáveres enterrados por un asasino, o seguimento dunhas inundacións, o estudo dos contornos da placa continental baixo o océano).
Os grupos empezarán por localizar noticias reais relacionadas. A partir delas, tratarán de identificar as tecnoloxías, sensores, procesados, empregados. Terán que buscar información técnica e científica sobre estas e, finalmente, elaborar un informe e unha presentación.
A interacción cos profesores será presencial con cinco reunións dunha hora, e a través de foros durante a procura de información, e por correo electrónico para o intercambio de ideas.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante
o docente e o resto de estudantes do traballo realizado en grupos pequenos (C).
Estes traballos presentaranse como unha actividade de grupo B.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e
reunir información sobre o alumnado, así como
a presentar a materia.
Para esta actividade se reserva unha hora presencial de grupo A, na que se presenta a materia, explícanse as prácticas de laboratorio e informáticas, e o que se espera dos traballos en grupo C.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000