Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.
 Materias
  Procesado Estatístico de Sinal e Técnicas Bootstrap
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Para sacar partido do curso será necesario dedicarlle aproximadamente 120 horas (10 horas por semana durante 12 semanas). O alumno que teña as bases de procesado determinístico de sinais, álxebra lineal e estatística ben asentadas debería ser capaz de asimilar a maior parte do contido cunha dedicación de 120 horas. Para cada unidade póñense á disposición do alumno diversos materiais didácticos, tales como apuntes en formato PDF ou exemplos de programas en MATLAB. Neste curso estúdanse as técnicas de procesado estatístico do sinal desde o punto de vista teórico e práctico. Os principais obxectivos pedagóxicos son que o alumno adquira competencia para: empregar técnicas de modelado de procesos estocásticos para modelar sinais reais; realizar estimación espectral empregando métodos non-paramétricos e métodos paramétricos baseados en modelado de sinais; realizar estimación tempo-frecuencia non-parametrica e paramétrica; e aplicar a metodoloxía bootstrap para determinación de erros de estimación, creación de intervalos de confianza non-paramétricos e a súa aplicación á resolución de problemas no ámbito de teoría do sinal. Ademais do coñecemento e aplicación dos métodos de procesado estatístico de sinais, os alumnos aprenderán a redactar artigos científicos, practicarán o proceso de revisión por pares e redactarán un artigo científico, demostrando adquirir os coñecementos e habilidades especificados.
Foros de discusión Valorarase a participación dos alumnos nos foros habilitados para ese efecto na web da asignatura.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Para comprobar a correcta asimilación por parte dos alumnos dos temas tratados, propoñeranse unha serie de problemas que o alumno deberá resolver de forma autónoma; a resolución destes exercicios supoñerán unha 70% da nota final.
Metodoloxías integradas The student will prepare a final project in which he/she must demonstrate the mastery achieved in the developed subject. This final project will follow the format of a scientific paper in any of the conferences of reference in the field.

This article shall employ any of the methods presented in the course to solve a problem of interest to the student. Items will be evaluated by a peer review process similar to that used by IEEE journals.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000