Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.
 Materias
  Procesado Dixital Avanzado de Voz
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Poranse a disposición do alumno apuntes e material asociado de cada un dos temas do curso.
Estudo de casos/análises de situacións Proporciónanselle ao alumno diversos artigos e información de estándares que este debe analizar criticamente, tendo en conta técnicas alternativas que se poderían considerar.
Resolución de problemas e/ou exercicios No material de cada tema propóñense unha serie de exercicios que o alumno debe resolver. A maioría deles resólvense empregando Matlab. Aínda que no primeiro tema os exercicios son básicos, en temas posteriores son máis complexos, estando algúns deles baseados nos artigos e información de estándares postos a disposición do alumno.
Foros de discusión Ademais de como medio de comunicación entre profesor e alumnos, nos foros preténdese promover a discusión crítica entre os propios alumnos. Así, por exemplo, esta será a canle para que os alumnos consulten cos seus compañeiros as dúbidas xurdidas na realización dos distintos exercicios. A misión do profesor nos foros será a de encarrilar as discusións por un camiño axeitado e a de propoñer novos temas de discusión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000