Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Empresa: Matemáticas comerciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación que poden incluír preguntas tipo test ou preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 B1
B2
B3
B6
C6
C19
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno/ debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. Para iso, o alumnado debe aplicar os coñecementos adquiridos. 50 B1
B2
B3
B6
C6
C19
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do alumnado. 10 B1
B2
B3
B6
C6
C19
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno será obxecto de avaliación continua ao longo do curso académico mediante a realización de probas tipo test, preguntas directas sobre contidos concretos, de resolución de problemas e/ou exercicios, así como da valoración das evidencias obtidas da súa participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor.

Durante o curso académico realizanse diversas probas tipo test ou de preguntas directas sobre contidos concretos que suporán o 30% da cualificación sobre unha base de 10 puntos, e recompilaranse evidencias sobre as manifestacións positivas por parte do alumnado no proceso de ensino/aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor, que suporán un 10% da cualificación sobre unha base de 10 puntos. Neste proceso de avaliación continua, na última semana do cuadrimestre realizarase unha última proba escrita que poderá conter preguntas tipo test e/ou preguntas directas, así como de resolución de problemas e/ou exercicios e que suporá o 60% da nota da materia, correspondendo o 10% a pregúntalas test e preguntas directas e o 50% á resolución de problemas e/ou exercicios. A proba da última semana do cuadrimestre cualifícase sobre unha base de 10 puntos, sendo necesario obter, polo menos, 3 puntos para que teña efecto a valoración polo descrito proceso de avaliación continua. A materia está superada cando as achegas das cualificacións das probas anteriores á cualificación total alcance, como mínimo, 5 dos 10 puntos posibles.

Os alumnos que non sigan ou non superen a materia polo sistema de avaliación continua anteriormente referido, serán avaliados a través dun exame global que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro, que será valorado cunha puntuación de 0 a 10 puntos, sendo necesario conseguir 5 puntos para superar a materia, e que incluirá soamente as metodoloxías de avaliación con preguntas tipo test ou de preguntas directas (3 puntos) e de resolución de problemas e/ou exercicios (7 puntos).

Os alumnos que concorran á oportunidade extraordinaria de xullo deberán realizar un exame global da materia na data establecida polo centro, que será valorado cos mesmos criterios enunciados no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000