Guia docente 2021_22
Escola Universitaria de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Empresa: Principios de xestión responsable
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
En caso de que a docencia deixara de ser presencial, en principio a avaliación pasaría a ter a siguinte estructura: exame tipo test + prácticas de clase. O examen constaría de 40% parte de teoría e 40% parte práctica. As prácticas de clase suporían un 20% .
Estas adaptacións están en calquera caso suxeitas ao desenvolvemento da materia, en particular ao momento en que se producise o paso a unha modalidade de docencia distinta, polo que poden ser necesarios cambios adicionais na avaliación e/ou as metodoloxías que se comunicarían ao alumnado en tempo e forma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000