Guia docente 2019_20
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Empresa: Fundamentos de mercadotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Desenvolvemento, presentación e entrega dos casos preparados na clase 30 B5
C26
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
Exame de preguntas obxectivas Probas tipos test parciais ó longo do curso. Poden incorporar alguna pregunta a desenvolver ou algunha resolución breve dun caso. 30 D3
D4
D5
D6
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas curtas, mini-casos, problemas, situacións que se lle plantexan ós alumnos para definir o seu nivel de coñecemento e manexo dos conceptos tratados nas clases. 40 D3
D4
D5
D6
D10
D12
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para ter dereito á avaliación continua os alumnos deben asistir a un mínimo do 65% das clases prácticas e realizar o 100% das actividades que se soliciten, tanto nas clases como fóra do horario de clases (HTA e HTC). A estes efectos NON se consideran entregadas as prácticas que non se suban á plataforma Faitic, se os profesores habilitan unha entrada en "exercicios", ou, no seu defecto, que non se entreguen en papel. Se a notada práctica ou exercicio non é superior ao 3 sobre 10 considerarase non presentada. A entrega fóra de prazo ten unha penalización mínima do 25% da nota. Despois de transcorridos 15 días da data máxima de entrega as tarefas ou actividades non se valoran, salvo excepcións debidamente xustificadas. Para obter a cualificación final as puntuacións parciais ponderaranse de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente, debendo conseguir o alumno un aprobado nas prácticas e foros e, nas probas e exames.

Avaliación tradicional

Os alumnos deben aprobar o exame fixado oficialmente que será máis completo que o exame en avaliación continua. A materia a exame será tanto teórica como práctica.

Segunda oportunidade

Os alumnos en avaliación continua realizarán o exame oficial (70%) ao que se engadirá a nota obtida nas prácticas (30%). Os alumnos que optasen pola avaliación tradicional teñen que aprobar o exame oficial. En todos os sistemas e oportunidades o aprobado será un 5 sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000