Guia docente 2019_20
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Dereito mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os alumnos deberán presentar un traballo por escrito proposto polo profesor e defendelo mediante a súa exposición oral. Avaliaráse a estructura e contido do traballo escrito; a claridade e capacidade de síntese na exposición oral; en xeral, o grao de comprensión dos conceptos e contidos expresados. Co traballo de seminario poderá acadarse ata 2 puntos da nota final. 20 B3
B4
B5
B6
C6
C9
D3
D4
D8
D9
D13
D15
D18
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán facer os traballos prácticos que se lles propoñan sobre a materia impartida nas clases teóricas. Pola resolución dos casos e polas boas intervencións no desenvolvemento desta actividade, poderánse acadar ata 3 puntos da nota final. 30 B3
B4
B5
C9
C16
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D17
D18
Exame de preguntas obxectivas Ao final do cuadrimestre haberá un exame que consistirá no prantexamento ao alumno dun test formado por dez preguntas de catro alternativas onde soamente unha será válida.
A nota máxima que se poderá acadar co exame final é de 5 puntos. Neste exame será preciso obter como mínimo unha cualificación de 2 puntos (sobre 5) para que á puntuación alcanzada poida engadirse a correspondente á avaliación contínua.
50 B4
B6
C9
C16
D3
D4
D5
D15
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que a nota obtida na avaliación continua sume á do exame final, será preciso obter neste exame unha cualificación mínima de 2  puntos (sobre 5). Para os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de maio-xuño, conservaráselles a cualificación obtida na avaliación contínua na convocatoria de xullo.

Os alumnos que non se acolleran ao sistema que se establece nesta guía con inclusión da avaliación contínua, farán un exame diferente ao dos alumnos que seguiron o dito sistema e que constará dun cuestionario de dez preguntas e un caso práctico a resolver. O dito exame será avaliado sobre 10 puntos, dos que 7 corresponderán ó examen e 3 ó caso práctico.

Tamén poderá acadarse un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, u outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para ello, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado polos medios habituais (en horas presenciales ou por Faitic) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Se bonificará a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto;  en calqueira caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.

O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da sua participación en cada actividade que desexe que se le contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargarase de recopilar dita información e trasladala ao profesorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000