Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas na que o estudante debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor/a. Desta maneira, o alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica levarase a cabo nas clases prácticas.
40 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os estudantes deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación do estudante realizarase do seguinte
xeito:

- Exame final (60% da nota final). Realizarase un
único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar
establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.

- Probas de seguimento (40% da nota final). Estas
actividades desenvolveranse nas sesións prácticas. Só se poderán realizar nas
datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao grupo que teña
asignado para a realización das mesmas.

Para superar a materia é necesario cumprir dúas
condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. O
resultado da avaliación expresaráse nunha escala de 0 a 10 puntos.

No caso de superar o exame, a nota final da materia
resultará da suma da nota acadada no exame y nos probas de seguimento.

No caso de non superar o exame, a nota final da
materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10
puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. O
exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar
establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.

BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles,
ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes
deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- É imprescindible asistir ás sesións de aula co
material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de probas plaxiadas ou copiadas,
total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas
convocatorias do curso académico.

- Para a realización das probas só se permite o uso de
elementos de escritura e calculadora.

- O estudante deberá presentarse ao exame debidamente
identificado, co seu D.N.I., pasaporte ou licenza de conducir, non sendo válido
outro documento.

- Tódalas probas deberán ser entregadas á súa
finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar só no horario e
lugar establecido polo profesor/a.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000