Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o estudante debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor/a. Desta maneira, o alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

40 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os estudantes deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA



A Avaliación do estudante realizarase do
seguinte xeito:



- Exame final (60% da nota final).
Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data,
hora e lugar establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.



- Probas de seguimento (40% da nota
final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións prácticas. Só se poderán
realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao
grupo que teña asignado para a realización das mesmas.



Para superar a materia é necesario cumprir
dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na
materia. O resultado da avaliación expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos.



No caso de superar o exame, a nota final
da materia resultará da suma da nota acadada no exame y nos probas de
seguimento.



No caso de non superar o exame, a nota
final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha
escala de 0 a 10 puntos.



Os/as alumnos/as que participen nalgunha
proba de avaliación continua e non se presenten ao exame final cualificaranse
como suspensos e a súa nota estará entre 0 e 4.

 



AVALIACION NON CONTINUA



As persoas que non desexen aproveitar o
sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100% da puntuación) cun
nivel de dificultade superior ao anterior.



O estudante deberá
solicitar o sistema de avaliación non continua nas datas establecidas polo/a
profesor/a.



O exame dividirase en dúas
partes: a primeira representará o 40% da nota e a segunda o 60% restante. Para
acceder á segunda parte, é necesario ter superada a primeira parte. Se non se
supera a primeira parte, en actas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10
puntos.

 



SEGUNDA CONVOCATORIA



A segunda convocatoria rexerase polas
mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora
e lugar establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.

 



BOAS PRÁCTICAS



- Non está permitido facer uso de
teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de
traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do/a
profesor/a.



- É imprescindible asistir ás sesións de
aula co material necesario para o seu desenvolvemento.



- Calquera evidencia de probas plaxiadas
ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unha cualificación de suspenso en
tódalas convocatorias do curso académico.



- Para a realización das probas só se
permite o uso de elementos de escritura e calculadora.



- O estudante deberá presentarse ao exame
debidamente identificado, co seu D.N.I., pasaporte ou licenza de conducir, non
sendo válido outro documento.



- Tódalas probas deberán ser entregadas á
súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.



- A revisión de exames terá lugar só no
horario e lugar establecido polo/a profesor/a.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000