Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma para a negociación intercultural: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma O alumno realizará exercicios de tipo práctico sobre cuestións gramaticales e léxicas. 25 C3
C18
C26
Probas de resposta curta Proba de caracter escrito sobre cuestións gramaticales e léxicas aprendidas na aula 75 C3
C18
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e a conseguinte
cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de
avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. O exame
final escrito realizarase a última semana de clase. A nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 4 para optar a superar a materia.

Os alumnos poden renunciar á avaliación continua: para iso
presentarán un escrito indicando o seu expreso desexo de renuncia durante o
primeiro mes de clase; a avaliación da materia obterana da cualificación
alcanzada nun exame único final co total do contido da materia. A nota do exame
escrito non deberá ser inferior a 5 para superar a materia.



A condición de que o ou a estudante superase a materia segundo os criterios
antes descritos, sumarase á nota que obtivese un máximo de 1 punto pola
participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan
lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado
desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas
polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas,
charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado polos
medios habituais (en horas presenciais ou por Faitic) aquelas actividades nas
que a participación suporá un incremento da nota. Bonificarase a participación
en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera
caso, a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.






O alumnado deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación
en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola
persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro,
este encargarase de recompilar a dita información e trasladala ao profesorado.

Convocatoria de XULLO: Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso
polo 100% da cualificación. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 5
para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000