Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Tributación das operacións comerciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Nas clases presenciais tamén se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, etc. Estas actividades só serán avaliadas para os alumnos que se sometan a avaliación continua. Ademais, valorarase especialmente a participación activa do alumno, tanto nas clases maxistrais como nos devanditos "Seminarios". 10 B6
C9
C13
C23
Probas de resposta curta Nos Seminarios realizaranse probas de resposta curta e tipo test exclusivamente aos alumnos que se sometan ao sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames constituirá o 20% da nota final dos devanditos alumnos. 20 B2
B3
C9
C13
C23
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o alumno terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica escrita (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). 70 B2
B3
B6
C6
C9
C13
C23
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira oportunidade de exame:

1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta ou test (10%) e outras (10%). Na proba final, o exame de teoría escrito suporá o 70% e o práctico, escrito, suporá un 30%. En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.

Para ser avaliado de forma continua é necesaria a asistencia ás crases teóricas e prácticas con regularidade (en ningún caso a inasistencia á crase podera ser superior ó 10% das horas de docencia).

 2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico escrito e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, tratándose de probas diferentes ás que realicen os alumnos de avaliación continua. 

Segunda oportunidade de exame:

1.- No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica escrita (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).
2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso.
3.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico escrito e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, tratándose de probas diferentes ás que realicen os alumnos de avaliación continua.
4.- Aos alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin na segunda conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema durante o curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
O exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota. A cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000