Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Tributación das operacións comerciais
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Réxime fiscal da empresa/V06G270V01405
 
Outros comentarios
Estamos ante unha asignatura que analiza, dende o punto de vista xurídico, as consecuencias tributarias das operacións comerciais, partindo do estudio dos principais impostos que recaen sobre o comercio. Neste sentido, os contidos están coordinados coa asignatura Réxime Fiscal da Empresa de xeito que, partindo dos coñecementos xerais e de liquidación dos impostos, nesta asignatura analizaránse cuestións especiais e de importancia xurídica. Polo tanto, mais alá do estudio do réxime tributario das empresas, o estudio da materia céntrase no estudio das cuestións xurídicas que plantexan as operacións comerciais que as empresas realizan. Como materia de contido xurídico que é, precisa do coñecemento das normas xurídicas e da súa técnica de interpretación para a aplicación á realidade que regulan, evitando así que aparezan conflictos que teñen que resolverse diante dos tribunais posto que, entre outros motivos, responden a criterios económicos o de carácter empresarial pero, en cambio, non teñen as mesmas consecuencias xurídicas. Neste sentido son frecuentes as controversias entre a Administración e os contribuintes que, na medida en que deron lugar ou dan lugar a pronunciamentos administrativos ou xurisprudenciais que deben ser coñecidos polos estudantes. Para a correcta comprensión da asignatura debe coñecerse a estructura xeral do tributo e estar familiarizado cos seus elementos esenciais. Así deben de coñecerse coñecerse cuestións como o feito impoñible, as exencións, os suxeitos pasivos, a base impoñible, o tipo de gravame, a cuota tributaria así como as deduccións e cuestións como o devengo e o periodo impositivo e de liquidación. Igualmente, debe coñecerse a regulación básica e xeral destos elementos en cada un dos impostos do sistema tributario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000