Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Institucións da seguridade social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Nas sesións de prácticas de seminario desenvolveranse as seguintes actuacións:
Fornecer aos alumnos a orientación necesaria para a realización en grupo e baixo a tutela do profesor dos traballos que se lles asignen.
A entrega polo alumno do aludido traballo por escrito, que deberá ademais defender mediante a súa exposición oral durante o tempo que indique o profesor.
O seguimento polo profesor dos coñecementos adquiridos polo alumno e a resolución de dúbidas que se lle expoñan.
Lección maxistral As sesións maxistrais nas aulas de teoría dedicaranse á explicación polo profesor dos distintos puntos que integran os contidos da materia. A súa finalidade é fornecer ao alumno unha base conceptual suficiente para afrontar os aspectos xurídico laborais na organización e funcionamento da empresa. Esta actividade deberá ser completada por outras que deberá desenvolver persoalmente o alumno, tales como a realización de lecturas recomendadas e aquelas que o profesor indique durante o desenvolvemento das sesións
Outros En función das dispoñibilidades do INSS uno dos días de practicas faremos unha saída á Dirección Provincial para que nos expliquen o funcionamento interno da *Institucion
Estudo de casos Nas prácticas exporanse polo profesor supostos prácticos que deberán ser resoltos polo alumno, ben de forma guiada ou ben de forma autónoma.
Tamén se procederá á contestación escrita polo alumno de cuestionarios de distinto formato relativos á materia explicada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000