Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Técnicas de investigación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase a análise dos casos plantexados tendo en conta as reflexións, as consideracións específicas, as propostas realizadas para a intervención así como a súa pertinencia e coherencia.

20 B3
B5
B6
C6
C11
C25
D4
D5
D6
D15
Traballo tutelado Valoraranse os traballos realizados tendo en conta os obxectivos, a estrutura, a metodoloxía, os contidos, resultados e conclusións.

30 B3
B5
B6
C6
C11
C25
D4
D5
D6
D15
Presentación Valoraranse as exposicións dos traballos realizados.
Terase en conta a xustificación, a adecuación aos obxectivos, os recursos metodolóxicos, a transferencia de coñecemento así como as explicacións e xustificacións ás cuestións que se poidan suscitar.

10 B3
B5
B6
C6
C11
C25
D4
D5
D6
D15
Resolución de problemas O alumnado deberá dar resposta á actividade plantexada aplicando os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos durante o desenvolvemento da materia.

40 B3
B5
B6
C6
C11
C25
D4
D5
D6
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado deberá asistir, polo menos, ao 80% das sesións presenciais da materia. Esta avaliación continua realizarase tal e como figura no apartado de Avaliación.

Renuncia á Avaliación Continua: Pódese renunciar á avaliación continua, por causas xustificadas, presentando un escrito á persoa responsable da docencia. Prazo: Tres semanas dende o inicio da actividade docente.

EXAMÉN FINAL

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado nun exámen final nas datas fixadas polo Centro. Este exámen final será unha proba escrita de carácter teórico-práctico no que se incluirán todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000