Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Historia económica e do comercio
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. As orixes da actividade comercial

Introdución: nacemento do comercio, axentes e ámbitos.
1. A revolución neolítica, a revolución urbana e a división social do traballo.
2. A repartición do excedente agrario e o comercio.
3. As orixes do diñeiro e a contabilidade.
Tema 2. O comercio interrexional no mundo antigo: Roma

Introdución: o debate sobre o tipo de economía en Roma.
1. Comercio exterior e os ciclos económicos en Roma.
2. Demanda estatal nas cidades e estruturas comerciais.
Tema 3. O comercio a longas distancias na Idade Media.
Introdución: a economía feudal e as súas grandes fases.
1. O comercio interregional en Eurasia (séculos V- X)
2. O renacemento urbano en Europa e a revolución comercial: factores, axentes, instrumentos e xeografía.
3. A crise do século XIV e a súa repercusión nas cidades e no comercio.
Tema 4.- O comercio internacional na Idade Moderna (séculos XVI-XVIII)
Introdución: grandes descubrimentos, nacemento da economía mundo e capitalismo comercial.
1. Os ciclos seculares europeos.
2. Activación do comercio mundial, con base en Europa no século XVI: os circuítos do comercio, os seus axentes e os seus instrumentos.
3. Transformación da explotación colonial (séculos XVII e XVIII): cambios na hexemonía comercial europea.
4. As finanzas internacionais e a revolución financeira: financiamento dos Estados e do comercio.
5. Capital mercantil e produción industrial: o camiño cara á protoindustrialización.
6. Mercantilismo como sistema e como prácticas (ideas e políticas) e criticas ao mercantilismo.
Tema 5. O comercio durante o capitalismo industrial e a primeira globalización (c. 1800-1914).
Introdución: o capitalismo industrial e as súas etapas.
1. Guerras, revolucións políticas e revolución industrial, Estados liberais e capitalismo industrial.
2. Industrialización, empresas e comercio.
3. As arterias do comercio (revolución dos transportes e as comunicacións): activación, integración dos mercados nacionais e primeira globalización.
4. O patrón oro como factor de estabilidade e de comercio.
5. Transformación no sistema financeiro: bancos centrais, banca industrial e comercial e desenvolvemento das bolsas.
6. A política do comercio exterior: do camiño cara ao librecambio ao xiro proteccionista.
7. O novo colonialismo e as súas consecuencias.
Tema 6. O comercio mundial de entreguerras: reestruturación, recuperación e colapso (1914-1945).
Introdución: as etapas da economía de entreguerras.
1. A I Guerra Mundial e os problemas da reconstrución.
2. A reestruturación do comercio internacional na década de 1920.
3. Os cambios na organización do traballo e da empresa: a gran empresa moderna e a creación das grandes marcas.
4. Produción en masa e consumo de masas: as novas formas do comercio.
5. Produción e distribución nas economías de planificación central.
6. A gran depresión, a contracción do comercio mundial e o colapso do mercado internacional de capitais.
7. Intensificación do proteccionismo e falta de cooperación internacional.
8. Autoritarismos, nacionalismos, imperialismos e programas de reactivación e militarización.
Tema 7. O comercio internacional na idade de ouro do capitalismo (1945-1973).
Introdución: nova orde internacional, recuperación e prosperidade (nun mundo desigual).
1. Novo sistema monetario e de pagos internacional.
2. Liberalización comercial no marco dos acordos do GATT e as integracións rexionais (o caso do MCE).
3. Os factores de crecemento da produción e do comercio.
4. O gran crecemento da demanda: o comercio na sociedade de consumo de masas.
Tema 8. O comercio internacional na segunda globalización ( c. 1973-2007)
Introdución. As fases da economía entre 1973 e 2008.
2. A segunda globalización e o comercio internacional: integracións rexionais, multilateralismo e liberalización do comercio exterior, política de ceos abertos e novas tecnoloxías da información e a comunicación.
3. A gran converxencia: Asia releva a Europa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000