Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Historia económica e do comercio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os seminarios teñen un carácter práctico.

Abarcan lecturas de artigos, capítulos de libros, preparación de síntese e, no seu caso dalgún powerpoint para as presentacións en clase, respostas a cuestionarios e realización de exercicios de interpretación estatísticas económicas (series históricas, cadros, gráficos).

Preséntanse sempre na plataforma docente, con antelación, definindo os seus obxectivos, as cuestións concretas a abordar, e os materiais cos que traballar ou que han de ser buscados polos alumnos e alumnas. Tamén serán presentados en clases, polo profesor, cunha semana de antelación.

As prácticas dos seminarios sóbense, resoltas, á plataforma docente o día antes de ser vistas en clase. Tras velas e discutilas en clase, faranse polos alumnos as correccións que estimen oportunas. E así corrixidas sóbense ao Libro de Prácticas, seguindo a orde en que son vistas en clase.

A avaliación valora os exercicios e a participación en clase, por unha banda, e o Libro de Prácticas, por outro. A resultante é unha nota media.
50 B3
B6
C1
C2
C3
C6
D3
D4
D5
D9
D10
D13
D15
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final da materia, con varias preguntas de desenvolvemento.

As preguntas tratarán os contidos das clases teóricas e sobre as cuestións abordadas nas clases prácticas.

O exame terá unha duración máxima de dúas horas.
50 B3
B6
C1
C2
C3
C6
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Os seminarios de prácticas, que se estenden ao longo de
todo o curso, son de asistencia obrigatoria. Representan o 50% da nota da nota
final. Valoraranse as actividades realizadas ao longo do curso: exposicións nas
clases prácticas; a intervención nos debates; os exercicios escritos, que se
trasladarán ao Libro de Prácticas, que se irá confeccionando ao longo do curso
e subirase á plataforma docente.

2. A cualificación obtida no exame final supoñerá o 50% da
nota final.

3. Os alumnos e alumnas que non asistan de forma regular, teñen en
todo caso que facer as prácticas, a través da plataforma docente, e presentarse
ao exame final, coa parte práctica e teórica da materia.

4. As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro. Daranse a coñecer tamén a través da
plataforma docente desta materia en 
FAITIC.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000