Probas parciais. Ao longo do curso realizaranse tres probas parciais con carácter eliminatorio respecto das convocatorias oficiais. Cada unha delas cun peso relativo do 10%, 20% e 30% respectivamente, na cualificación final. No exame final avaliaranse os temas non incluídos nos parciais anteriores (cun peso do 30%) e os que non se superaron previamente. Cada parcial constará dunha parte con preguntas de resposta curta e outra para a resolución de problemas ou exercicios cun peso respectivo do 50%. Para aprobar estes parciais será necesario alcanzar, polo menos, un 45% da cualificación en cada unha das partes. Exame final 1ª convocatoria ordinaria: Os alumnos deberán resolver a parte correspondente aos contidos non avaliados nos parciais e, no seu caso, os contidos non superados nos parciais. Primeira edición da acta. Será a suma de todas as cualificacións obtidas en todas as probas superadas, xunto coa do traballo de laboratorio. Cando esta suma sexa inferior a 5.0, reflectirase unicamente a suma das cualificacións inferiores a 5,0 das probas escritas. Manteranse as cualificacións do traballo de laboratorio e dos parciais aprobados previamente. Exame final convocatoria de Xullo: O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente. Segunda edición da acta. Á cualificación obtida na convocatoria de xullo, sumaráselle a do traballo de laboratorio e a dos parciais aprobados previamente. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 09/09/2016 - Convocatoria ordinaria 1º período: 13/01/2017 - Convocatoria extraordinaria xullo: 23/06/2017 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57 |