Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición das bases teóricas e orientación, por parte do profesorado, sobre os contidos da materia.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou ampliar os contidos da disciplina. Empregaranse como complemento das clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado en aulas de informática.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade en que se formulan problemas e exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe resolvelos mediante os métodos axeitados á información dispoñible e interpretar os resultados.
Titoría en grupo O estudantado resolve exercicios na aula, en pequenos grupos, baixo as directrices e a supervisión do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000