Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Ecoloxía mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Se utilizará a metodoloxía de sesión maxistral para traballar os contidos fundamentais da materia
Seminarios Se utilizan os seminarios para traballar de xeito mais personalizado alguns contidos de mais complexa asimilación, que requiran a utilización de programas informáticos ou ben para reforzar as competencias de traballo en grupo e exposición oral
Saídas de estudo/prácticas de campo Cada alumno realizará unha saída de campo de 4 horas de duración ao sistema intermareal coa finalidade de adquirir destreza no mostraxe en ecoloxía e recoller a información e mostras necesarias para a realización das prácticas de laboratorio
Prácticas de laboratorio Cada alumno realizará dúas sesións de prácticas no laboratorio nas que procesará as mostras e a información recollida na saída de campo
Presentacións/exposicións Tanto os resultados dos traballos prácticos como os obtidos en algunhas das actividades individuais que se plantean no curso exporanse de xeito oral polos alumnos
Traballos tutelados Os estudantes realizarán traballos individuais e en grupo en diferentes fases de desenvolvemento do curso. Estes traballos serán tutelados polos profesores.
Actividades introdutorias Se realizará unha sesión introductoria á materia na que se situará esta no contexto xeral da crise ambiental e se presentarán os obxectivos e aspectos prácticos do desenvolvemento da materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000