Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioloxía: Bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B12 e B14. 10
Probas de resposta curta O alumno terá que contestar a unha serie de cuestións que abarcarán os temas desenrrolados nas sesións de teoría. Haberá tres probas ao longo do cuadrimestre. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno terá que resolver unha serie de exercicios similares aos realizados durante os seminarios. Dita proba farase no periodo de peche da avaliación. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que realice calquera das actividades de avaliación será considerado como presentado.

No periodo de peche da avaliación ao final do cuadrimestre, xunto á proba de resolución de problemas, os alumnos que non superasen algunha das probas curtas poderán realizar unha proba escrita (20%) para a recuperación dunha das devanditas probas non superadas ao longo do cuadrimestre. Aos alumnos gardaráselles a cualificación obtida en cada unha das probas curtas realizadas ao longo do curso que foran superadas. A cualificación mínima para superar calquera das probas será de 4.0 puntos. A cualificación final mínima para superar a materia é de 5.0 puntos.

No periodo de avaliación de xullo, realizarase unha proba análoga á de febreiro. Aos alumnos gardaráselles a cualificación obtida en febreiro en cada unha das partes superadas.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000