Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e xeoloxía: Laboratorio integrado II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno/a nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que se trata dunha materia de tipo experimental, é obligatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. É importante indicar que a non asistencia será penalizada na nota final. Si o número de ausencias sen xustificar é superior a 2, suporá suspender a materia. Se o número de ausencias xustificadas, e debidas a causas de forza maior, é superior a 6 suporá suspender a materia. Os días que se falten computarán como ceros na nota de laboratorio.
Na puntuación de este apartado cobrará especial relevancia os seguintes puntos:
Como se desenvolve o alumno no laboratorio, incluíndo o seu grado de autonomía.
Como soluciona os problemas que se lle plantexan a hora de facer a práctica.
Cal é o seu dominio dos coñecementos previos necesarios para facer a práctica en cuestión.
Limpeza e tratamento do material.
Dominio dos cálculos necesarios para realizar a práctica.
A competencia A26 que atañe a "Realizar procedementos de laboratorio" avaliarase neste apartado a través do seguimento no laboratorio. Este procedementeo tamén se empregará para avaliar as competencias A27, A28.
35
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B12 e B14 10
Outros Valoración do resultado obtido na elaboración dun documento ou presentación sobre a temática da materia, investigacións, memorias, resumos de lecturas, conferencias, etc. 10
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse tres probas prácticas (sesións de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno/a. Ditas probas serán realizadas de forma independente para cada grupo de prácticas. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ser avaliado o alumno ten que obter unha nota mínima nalgúns dos distintos apartados que comprende a avaliación, esta nota mínima é de 3.0 na proba de resposta curta e en cada unha das probas prácticas, e de 4 na valoración do documento/presentación recollido no apartado "Outros" e na valoración das prácticas de laboratorio.

A asistencia a máis de dúas sesións prácticas implicará que o alumno xa está sendo avaliado, polo tanto, a súa cualificación non poderá ser ¨Non Presentado¨.

Na segunda convocatoria a avaliación levarase a cabo do seguinte modo:

 - Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 45 %.

 - Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (35 %), informe de prácticas (10 %) e actividades colaborativas (10 %).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000