Guia docente 2023_24
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma comercial: Inglés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Cando non sexa posible a docencia presencial, as metodologías docentes impartiranse adecuándoas aos medios telemáticos que se poñan a disposición do profesorado, además da documentación facilitada a través de MooVi, correo electrónico, etc.

As diferentes pruebas e actividades para a evaluación faranse de forma telemática. Mantéñense os criterios de evaluación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario y por indicación en Resolución Reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
Calquera modificación será comunicada de xeito detallado en tempo e forma ao alumnado afectado.

O requisito de asistencia mínima obrigatoria para acollerse á modalidade de avaliación continua non se aplicará en caso de docencia non presencial, ou por mor de conciliación familiar.

As tutorías se realizarán de maneira virtual (a través de Campus Remoto), e se programarán a través de correo electrónico baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000