Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Taller de fala, oratoria e comunicación

Obradoiros

03-11-2016 ata: 02-12-2016

A vicerreitoria de campus de Pontevedra, por medio da súa área de cultura, ven de autorizar a convocatoria dun curso no seu programa cultural de "outras actividades" denominado:

TALLER DE FALA, ORATORIA E COMUNICACION

O curso será impartido por D. Alberto Rosell Campón, e ten como obxectivos:

- Aumentar a desinhibición propia e por conseguinte a seguridade persoal á hora de expoñernos en público.
- Recoñecer a linguaxe non verbal propia e das persoas persoas asistentes, conseguindo así un mellor aproveitamento dos recursos propios e alleos.
- Aumentar o control emocional do exposto, conseguindo deste xeito o aumento do interese das persoas asistentes cando verbalizamos os beneficios da nosa mensaxe.
 
Os prezos desta actividade son de corenta (40) euros para persoas sen vinculación coa universidade e de vinteseis (26) euros para persoas membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS).
 
A duración total do curso será de 30 horas e conta co recoñecemento de 1 crédito ETCS/ 2 créditos L.E.
 
Para máis información, formalización de reservas e/ou inscricións, dirixir-se ao enlace da web cultural da uvigo:
https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1126