Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

premios excelencia académica 2016 2017. listaxes definitivas

Bolsas e axudas

19-12-2016 ata: 19-01-2017

PUBLÍCASE A RESOLUCIÓN REITORAL DO 19 DE DECEMBRO DE 2016 POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES CONCEDIDAS E DENEGADAS DAS AXUDAS “PREMIOS Á EXCELENCIA ACADÉMICA” PARA ESTUDANTES QUE SE MATRICULEN POR PRIMEIRA VEZ EN TITULACIÓNS DE GRAO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, NO CURSO ACADÉMICO 2016-2017.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así e todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.