Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Execución RPT PAS-Funcionario

Información ao PAS

23-12-2016 ata: 23-03-2017

Para os efectos dun mellor coñecemento polo conxunto da comunidade universitaria, singularmente do PAS Funcionario, das medidas que se están adoptando para a execución da relación de postos de traballo (RPT), cometido que o Consello de Goberno lle asignou expresamente a Xerencia  de xeito simultáneo á aprobación da RPT o pasado 10 de outubro de 2016, infórmase que o 19 de de decembro de 2016, unha vez pechado o proceso de negociación dos criterios para a execución da RPT coa Xunta PAS, do cal se deu público coñecemento por diferentes vías ao conxunto da comunidade universitaria e singularmente ao PAS Funcionario, remitiuse, só ao persoal afectado por esta fase do procedemento, un escrito mediante correo electrónico ao enderezo que consta na Universidade de Vigo, ofrecéndolle a posibilidade de optar entre os postos que se indicaban en cada unha das comunicacións, seguindo idéntico protocolo de actuación ao utilizado en ocasións anteriores e en supostos similares pola Universidade de Vigo.

 

Consonte ao comunicado feito os postos finalmente adxudicados nesta fase terán carácter definitivo e resultarán de aplicar os Criterios para a execución da RPT publicados pola Xerencia o 14 de decembro de 2016 (http://persoal.uvigo.es/opencms/export/sites/persoal/sites/default/microsites/persoal/galeria_documentos_uvigo/PAS/Actas/RPT-F_-_execucixn_Proposta_de_criterios.pdf) e de tomar en consideración a orde de prelación sinalada. Para estes efectos fixouse de prazo para responder ata o 5 de xaneiro de 2017 incluído, co obxectivo de que todo o persoal dispoña de tempo suficiente para comunicar a súa opción.

 

Nunha fase posterior, comunicarase a todo o PAS funcionario o seu destino, sexa este definitivo ou provisional, trámite necesario para poder convocar de xeito inmediato un concurso de méritos no que participará todo o PAS funcionario que teña interese ou que estea obrigado a facelo. As bases que o rexerán, propostas pola Xerencia, son practicamente iguais ás do anterior concurso e poden consultarse no seguinte enderezo:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/organos/actas_xunta_persoal/