Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Pontevedra)

Formación de Profesorado

08-02-2017 ata: 28-02-2017

A plataforma Moodle é unha aplicación que permite crear e xestionar aulas virtuais para actividades formativas a distancia, semipresenciais e de apoio á docencia presencial. Esta plataforma conta coas ferramentas necesarias para que o profesorado poida deseñar a súa docencia, permitindo organizar actividades, facilitar recursos e materiais educativos, realizar cuestionarios, comunicarse co alumnado etc.  O presente curso aborda cuestións básicas sobre a xestión e configuración dun curso na plataforma Moodle para uso docente.


 

Constará de 3 sesións presenciais e unha parte virtual aberta durante todo o curso.

 

1ª sesión presencial: 8 de febreiro de 17 a 19 h.
2ª sesión presencial: 9 de febreiro de 17 a 19 h.
3º sesión presencial: 22 de febreiro de 17 a 19 h.
Parte virtual: 10 ao 28 de febreiro.


Para preinscribirse prema na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/2980