Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas Xunta de Galicia ao alumnado de segundo e posteriores cursos

Bolsas e axudas

16-01-2017 ata: 16-02-2017

O 16 de xaneiro de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculados nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, no curso 2016-2017, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos no Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico: 012@xunta.gal . Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es 

Estas axudas están destinadas ao alumnado que fose beneficiario da bolsa de carácter xeral do MECD no curso académico 2014-2015 ou no 2015-2016 e non o fose no presente curso 2016-2017.

A convocatoria esixe ter superado no curso 2015-2016 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:

- En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60% e menos do 65%.

- En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80% e menos do 90%.