Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 2º cuadrimestre do curso 2016-2017

Información ao PDI

18-01-2017 ata: 30-05-2017

Anúnciase a todo o profesorado que está en marcha o proceso de Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 2º cuadrimestre do curso 2016-2017.

Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte e determine a data e horario de realización que lle conviñer.

A ruta de acceso é a seguinte:

Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.

Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:

- Nº Documento de identificación

- Número da tarxeta universitaria (NIU)

- Contrasinal da tarxeta universitaria (NIU)

O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro 10 de febreiro. Para facilitar esta tarefa, na Guía de Planificación das EAD inclúese información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/documentos/Guia_Planificacixn_2016-2017_2.pdf

Despois da data devandita, naqueles casos nos que o profesorado non tivese planificada a realización da/s súa/s enquisa/s, o centro poderá completar, se o considerar conveniente, as planificacións correspondentes ás súas titulacións adscritas ata o día 20 de febreiro. Unha vez completadas, cada docente poderá consultar na Secretaría Virtual os datos que lle atinxan das planificacións realizadas.

Lémbrase que os resultados da enquisa de avaliación docente son valorados no programa Docentia para a avaliación do profesorado con ata un máximo de 20 puntos no apartado de Resultados que ten unha valoración máxima de 40 puntos.

O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:

Titulacións de Grao e Mestrado

Planificación das enquisas                                                                                                                                                               

Planificación individualizada polo profesorado:                           18 de xaneiro a 10 de febreiro de 2017

Revisión polos centros das planificacións realizadas:                  13 de febreiro a  20 de febreiro de 2017

Realización das enquisas:                                                                 28 de febreiro a 30 de maio de 2017

 IMPORTANTE: O profesorado das materias que rematen a docencia con anterioridade ó inicio do proceso (materias bimestrais, por exemplo) pode mandar a planificación directamente ó correo tscalidade2@uvigo.es.

Calquera dúbida pode formularse na Área de Calidade no e-mail: tscalidade2@uvigo.es