Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas da Xunta de Galicia destinadas ao alumnado das universidades galegas no curso 2016-2017, que por causas sobrevidas teña dificultades económicas para continuar os estudos

Bolsas e axudas

26-01-2017 ata: 31-07-2017
No DOG Núm. 18 do 26 de xaneiro de 2017, publícase a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen as bases e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos. Prazo de presentación das solicitudes: • Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b). En caso de dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es