Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Carta de servizos da Área de Calidade

Información xeral

07-02-2017 ata: 08-05-2017

A Área de Calidade xa dispón de carta de servizos. As cartas de servizos son unha ferramenta de calidade que busca unha xestión máis eficiente baixo os principios de orientación aos usuarios/as (en xeral, aos cidadáns/ás) e de mellora da xestión dos recursos e da prestación dos servizos públicos

A carta foi validada pola Comisión Técnica de Calidade da Universidade e aprobada pola Xerencia. A través dela, a Área establece a súa misión e obxectivos, os seus datos identificativos e de contacto, a relación dos servizos que presta e o compromisos que adoita na súa prestación.  

Por todo isto, foi cualificada como A+.

O contido completo da carta de servizos da Área de Calidade pode consultarse na web da Área.