Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso O modelo flipped classroom na docencia universitaria (Campus de Pontevedra)

Formación de Profesorado

22-06-2017 ata: 07-07-2017

Está aberto o prazo de preinscrición do curso O modelo flipped classroom na docencia universitaria.

Realizaremos un percorrido por mais de 100 ferramentas e recursos dispoñibles para ser utilizados, centrándonos nalgunhas delas, que esixirán a creación de contidos didácticos por parte da persoa participante. Tamén reflexionaremos sobre a relación deste modelo con metodoloxías de tipo indutivo.

Parte virtual: do 22 ao 28 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.
Parte presencial: 29 e 30 de xuño de 09.30 a 13.30 horas.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/2999